Ir o contido principal

Comezou en Bioloxía a quinta edición do Curso de Formación Básica en Voluntariado, con máis de douscentos participantes

O Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC comezou a desenvolver nos Campus de Santiago e Lugo o V Curso de Formación Básica en Voluntariado que permitirá aos universitarios un mellor servizo na organización non lucrativa na que colaboren e un maior aproveitamento persoal das súas actividades. En Compostela as clases comezaron na Facultade de Bioloxía coa totalidade das prazas esgotadas, sendo máis de douscentos os participantes nestes cursos que se desenvolverán ata o 18 de novembro.
As temáticas a abordar inciden en aspectos relativos á acción voluntaria no ámbito da saúde, habilidades sociais, desordes alimentarios, adiccións e consumos nocivos, sexualidade, voluntariado e integración, maiores, infancia, cooperación ao desenvolvemento e voluntariado ou accións no ámbito ecolóxico e do medio natural.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.11.2007.