Comezou en Física unha ciclo de charlas informativas sobre a convocatoria Erasmus+
O Servizo de Relacións Exteriores comezou este martes unha serie de charlas informativas sobre a convocatoria Erasmus+ para grao e másteres de máis de 60 ECTS que se van desenvolver en diversos centros dos Campus de Santiago e Lugo ata comezos do vindeiro mes de decembro. Nestas sesións tamén se achegará información sobre as convocatorias abertas Erasmus Mundus.
En Santiago, as sesións comezarán na Aula Magna da Facultade de Física cunha charla dirixida a alumnado interesado deste centro así como dos das facultades de Química, Matemáticas e Bioloxía. A próxima oportunidade será este mércores 11 ás 12.00 horas na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais a onde tamén poderán acudir estudantes de Ciencias da Educación do Campus Norte. O xoves 12, as charlas repetiranse para as facultades de Medicina e de Enfermaría cunha xornada no Edificio Docente ‘Roberto Novoa Santos’ a partir das 9.30 horas e na Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) ás 12.00 horas.
No Campus de Lugo, o alumnado interesado terá oportunidade de asistir ao encontro previsto o luns 16 ás 13.30 horas na Aula 6 da Facultade de Veterinaria.