Ir o contido principal

Comezou o II encontro internacional ‘Viaxeiros: transitando pola Idade Media’

Comezou o II encontro internacional ‘Viaxeiros: transitando pola Idade Media’
Comezou o II encontro internacional ‘Viaxeiros: transitando pola Idade Media’

As viaxes na Idade Media así como a expansión de tendencias culturais, artísticas e intelectuais constitúen o principal fío condutor dun encontro internacional que deu comezo este luns no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. A inauguración contou coa presenza da vicerreitora de Internacionalización, Almudena Hospido Quintana; o decano da Facultade de Xeografía e Historia, Francisco Durán Villa; a decana da Facultade de Filoloxía, María José López Couso; e o director do IEGPS-CSIC, Eduardo Pardo de Guevara.

Coordinado pola profesora da USC Marta Cendón e polo profesor da Universidade Federal de Alfenas (Brasil) Adailson José Rui, o II Encontro Internacional Viaxeiros: transitando pola Idade Media forma parte das numerosas e frutíferas iniciativas que se promoven desde a Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares e dá continuación á andaina emprendida en 2015 coa celebración de Viaxeiros: do Antigo ao Novo mundo.

Coa pretensión de ser un punto de encontro no que se propicie un mellor coñecemento do mundo medieval, nesta cita científica participarán especialistas xa consagrados e recoñecidos a nivel internacional procedentes de universidades estranxeiras, destacadamente do Brasil (Universidade Federal de Goiás - UFG, Universidade Federal de Alfenas - UNIFAL-MG, Universidade Federal de Ouro Preto - UFOP).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.06.2017.