Ir o contido principal

Comezou o seminario internacional sobre escritoras británicas contemporáneas

O seminario remata este venres en Filoloxía (Foto: SERVIMAV-USC)
O seminario remata este venres en Filoloxía (Foto: SERVIMAV-USC)

Co título ‘ Women’ s Tales in Motion: Contemporary Writing in the British Isles’desenvólvese esta semana en Filoloxía un seminario internacional no que participan especialistas das universidades galegas así como de Londres, Almería e da American of Paris.

O encontro ten como eixes dous proxectos nacionais de investigación sobre muller e literatura do departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá da USC: ‘Ex-sistere: A mobilidade das mulleres nas literaturas galega e irlandesa contemporáneas’que coordina Manuela Palacios e ‘Contos de mulleres: A narrativa breve de escritoras británicas contemporáneas’ coordinado por Laura Lojo e Jorge Sacido.

Esta actividade realízase en colaboración coas Universidades da Coruña e Vigo no marco da Rede Lingua e Literatura Inglesa II e na súa organización participan a facultade de Filoloxía, o departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá, o grupo de investigación da USC ‘Discurso e identidade’ e a Oficina de Igualdade de Xénero da universidade compostelá.

O encontro ten como eixes dous proxectos nacionais de investigación sobre muller e literatura do departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá (Foto: SERVIMAV-USC)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.03.2015.