Ir o contido principal

A Comisión de Calidade e Planificación reúnese para informar dos Plans Estratéxicos dos Departamentos

A Comisión de Calidade e Planificación a USC reúnese este xoves 12 no Salón de Plenos do Consello Social para informar sobre os Plans Estratéxicos dos departamentos. Nesta ocasión, trataranse os plans dos departamentos de Ciencias da Comunicación, Dereito Común, Electrónica e Computación, Enxeñaría Química, Filoloxía Galega, Física da Materia Condensada, Latín e Grego e Química Inorgánica.
Na mesa sesión, a vicerreitora de Calidade informará aos membros da Comisión sobre distintas actuacións e convocatorias relativas á Vicerreitoría, como os programas Docentia e FIDES, actividades realizadas no marco do Plan de Desenvolvemento Sostible ou a convocatoria de axudas para o desenvolvemento de accións de mellora da docencia no marco da construción do EEES 2007, entre outras.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.07.2007.