Unha comisión externa avalía o Sistema de Garantía Interna de Calidade de Bioloxía, Ciencias, Psicoloxía e da EPS
Unha comisión externa visitou esta semana a Escola Politécnica Superior de Lugo e as facultades de Bioloxía, Ciencia e Psicoloxía para avaliar o seu Sistema de Garantía Interna de Calidade (SIGC) co obxecto de certificar a súa implantación conforme ao programa Fides-Audit e seguindo as directrices do European Standar and Guielines.
As visitas incluíron xuntanzas cos responsables de calidade dos centros e con persoal da Área de Calidade e Mellora dos Procedementos así como cos equipos directivos e as comisións de calidade respectivas. Neste encontros revisaron os procedementos de xestión de prácticas, mobilidade, titoría e orientación ou avaliación da aprendizaxe, entre outras cuestións.
O primeiro SIGC da USC, na que todos os centros dispoñen dun Sistema de Garantía Interna de Calidade, aprobouse a finais de 2009 de acordo coas directrices de Audit e aproveitando as sinerxías co sistema de xestión baixo a norma ISO-9001 co obxectivo de propiciar a mellora continua das titulacións que se impartían nos centros da USC e permitindo así un nivel de calidade que facilitase a súa acreditación e mantemento.