Ir o contido principal

A Comisión de Normalización Lingüística de Dereito presenta un ciclo de conferencias e diversas publicacións

A Comisión de Normalización Lingüística de Dereito presenta un ciclo de conferencias e diversas publicacións

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Dereito organiza para os vindeiros meses un ciclo de conferencias sobre os dereitos lingüísticos en Galicia dirixido pola profesora Alba Nogueira. Este ciclo, xunto coas publicacións máis recentes da Comisión, presentarase este mércores 19 ás 13.00 horas na Sala de Xuntas da Facultade. Participarán a secretaria xeral da USC, Lourdes Noya; o decano da Facultade, Luis Míguez; e a presidenta da Comisión de Normalización Lingüística de Dereito, Antonia Nieto, entre outras persoas. En concreto, presentarase o volume Termos esenciais de dereito internacional, dos profesores Javier Maseda e Carlos Teijo, e as Unidades didácticas dos docentes Ana Gude, Gumersindo Guinarte, Natalia Pérez Rivas, Fernando Vázquez Portomeñe e Ignacio Vidal Portabales.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.11.2023.