Ir o contido principal

A Comisión de Normalización Lingüística da EPSE organiza este sábado a ruta ‘Lingua e patrimonio’ pola Mariña luguesa

Cartaz da actividade
Cartaz da actividade
A expedición partirá ás 9.00 horas da Facultade de Formación do Profesorado. A inscrición permanece aberta no enderezo electrónico mariadomar.perez@usc.es

A Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC organiza unha ruta pola Mariña Lucense o vindeiro sábado 21 de abril coa intención de afondar no patrimonio, natureza e a lingua da costa da provincia de Lugo.

As persoas interesadas en participar deben enviar un correo electrónico a mariadomar.perez [at] usc.es (mariadomar[dot]perez[at]usc[dot]es) para reservar a súa praza. A saída está prevista para as 9.00 horas desde a Facultade de Formación do Profesorado. O autobús da expedición comezará en Formación do Profesorado un percorrido cara a Mariña luguesa que inclúe unha visita guiada por membros de Mariña Patrimonio ao complexo siderúrxico e cerámico de Sargadelos.

A ruta continuará por Burela, onde se visitará o barco-museo ‘Reina del Carmen’, e rematará en Ribadeo, onde os organizadores deste itinerario teñen a intención de coñecer a Casa do Concello, así como ría do Eo e casco histórico ribadense. A chegada a cidade de Lugo está prevista para as 20.30 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.11.2023.