Ir o contido principal

A Compañía de Teatro da USC do campus de Lugo realizará unha proba de actores o día 12 en Veterinaria

A Compañía de Teatro da USC do Campus de Lugo, dirixida por Quico Cadaval, celebrará o próximo día 12 de decembro as probas de selección de actores para participar na nova montaxe teatral do grupo. Estas probas terán lugar entre as 16:00 e as 20:00 horas na aula de Teatro e Danza do Aulario de Veterinaria.
Nesta convocatoria poderán participar todos os membros da comunidade universitaria, entre os que se atopan estudantado, PDI e PAS. Os aspirantes deberán acudir con roupa cómoda e presentar un texto memorizado, que pode ser un monólogo ou unha escena entre dúas persoas.
Os interesados en obter máis información sobre a proba poden chamar á oficina de Lugo da Vicerreitoría de Cultura, ao teléfono 982 285 900 na extensión 21513.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.12.2007.