Ir o contido principal

A Compañía de Teatro da USC do campus de Lugo realizará unha proba de actores o día 12 en Veterinaria

A Compañía de Teatro da USC do Campus de Lugo, dirixida por Quico Cadaval, realizará este mércores 12 de decembro as probas de selección de actores para participar na nova montaxe teatral do grupo. Os interesados en participar deberán acudir á aula de Teatro e Danza do Aulario de Veterinaria entre as 16:00 e as 20:00 horas.
A esta convocatoria poderán sumarse todos os membros da comunidade universitaria, entre os que se atopan estudantado, PDI e PAS. Os aspirantes deberán acudir con roupa cómoda e presentar un texto memorizado, que pode ser un monólogo ou unha escena entre dúas persoas.
Os interesados en obter máis información sobre a proba poden chamar á oficina de Lugo da Vicerreitoría de Cultura, ao teléfono 982 285 900 na extensión 21513.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.12.2007.