Ir o contido principal

A compañía de teatro USC-Lugo comeza este domingo na Miteu de Ourense a xira da obra ‘WK’, que presentará o luns en Vigo

Unha escena de 'WK'. Foto Viva Lugo
Unha escena de 'WK'. Foto Viva Lugo

A compañía de teatro USC-Lugo presentará este domingo, a partir das 19.00 horas, no Teatro Principal de Ourense, a súa última montaxe, ‘WK’, unha peza baseada en textos de Woyzech, obra inconclusa de Bchner, pero coa estética de Kantor. A formación teatral do Campus Terra da USC, dirixida por Paloma Lugilde, debutará na Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) de Ourense cunha dobre función.

Daquela, a compañía de teatro USC-Lugo ofrecerá este mesmo domingo na Miteu de Ourense un segundo pase de ‘WK’, a partir das 20.30 horas. A formación luguesa acudirá ao día seguinte ata a capital olívica para presentar ‘WK’ na Miteu de Vigo, unha mostra universitaria de teatro cuxas función se desenvolven no Cubi. A actuación da compañía luguesa comezará ás 18.00 horas.

A xira da última montaxe da compañía de teatro USC-Lugo, unha formación universitaria que estreou ‘WK’ na pasada edición do Festival Universitario de Teatro de Lugo, continuará a finais de abril coa presentación desta peza o día 24 en Santiago de Compostela e o 30 de abril, en Toledo. A compañía de teatro universitaria dirixida por Paloma Lugilde pechará a xira desta obra o 6 de maio en León.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.04.2018.