Ir o contido principal

A Compañía de Títeres do Campus de Lugo actúa o sábado na VII Mostra de Teatro Afeccionado Cidade de Lugo

A Compañía de Títeres da USC-Campus de Lugo participa este sábado 18 na VII edición da Mostra de Teatro Afeccionado Cidade de Lugo coa obra ‘A culpa foi de Mozart’, dirixida por Marcelino de Santiago ‘Kukas’. A representación será no Auditorio Gustavo Freire ás 18:30 horas.
Esta mostra está organizada polo Concello coa colaboración da Vicerreitoría de Cultura da USC e a Escola Arte e Lecer do Colexio Fingoi, e coordinada por Palimoco Teatro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.04.2009.