Ir o contido principal

A comunidade educativa examina a LOMCE na USC

Nunha mesa redonda este luns 11 ás 19.00 horas en Ciencias da Educación

A comunidade educativa analizará en detalle este luns 11 a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), unha proposta de reforma da actual Lei Orgánica de Educación (LOE). Dado o interese que a chamada ‘Lei Wert’ suscita non só entre os especialistas na materia senón na sociedade en xeral, este luns organízase na Facultade de Ciencias da Educación (Avda. Xoán XXIII) unha mesa redonda aberta a toda a cidadanía. O encontro, que comeza ás 19:00 horas no Salón de Actos do centro, contará coa intervención da presidenta da Nova Escola Galega e profesora da Universidade da Coruña, Mariló Candedo Gunturiz; a presidenta de CONFAPA, Helena Gómez Vecino; a inspectora de Educación Milagros Couto Llamas; a directora do Colexio La Salle de Santiago, María del Mar Fernández Balboa; e o orientador Xosé Ramos Rodríguez. A actividade, coordinada pola profesora Carme Morán, está promovida conxuntamente pola Comisión Cultural da Facultade de Ciencias da Educación e a Revista Galega de Educación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.03.2013.