Ir o contido principal

Concentración dos estudantes de Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas da ETSE

Os estudantes de Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas da Escola Técnica Superior de Enxeñaría desexan manifestar unha situación de total inxustiza co sector da informática que se leva demorando anos como é a concesión das competencias profesionais propias da titulación.
Por iso, e dado o claro agravio ao que se está sometendo nestes momentos esta titulación e todas as relacionadas co sector informático, este mércores, 19 de novembro de 2008, ás 12 horas realizarán unha concentración ás portas da Escola Técnica Superior de Enxeñaría coa lectura pública dun manifesto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.11.2008.