Ir o contido principal

Concerto de Bruno Forst para presentar a reedición do primeiro libro de música para tecla publicado na Península Ibérica

O recoñecido organista francés Bruno Forst acaba de reeditar o libro Arte novamente inventada para aprender a tãnger, de Gonzalo de Baena, do que é autor da introdución, transcrición e notas.

Trátase do primeiro libro de música para tecla publicado na Península Ibérica, impreso en Lisboa en 1540 e do que se conserva un único exemplar coñecido no Palacio Real de Madrid. Acompaña a esta reedición a presentación do disco ‘Arte de tãnger’.

Aproveitando estes dous acontecementos musicais, Bruno Forst ofrece este venres 16 un concerto baseado no repertorio de Gonzalo de Baena. Organizado pola Escola de Música Berenguela en colaboración coa Área de Cultura da USC e a Radio Galega, o recital terá lugar ás 20.00 horas na Igrexa da Universidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.02.2018.