Concerto de fin de curso do Espazo de Cámara da USC
O Espazo de Cámara da USC, baixo a dirección de Mario Diz, ofrecerá o seu concerto fin de curso este venres 17 ás 20:30 horas na Igrexa da Universidade. O programa inclúe a Sinfonía Al Santo Sepolcro e o Concerto para cordas en Re maior, de Vivaldi, e a suite Seis Danzas Galegas de Mario Diz. A entrada é libre ata completar o aforo. O Espazo de Cámara da USC naceu coa filosofía de dar aos membros da comunidade universitaria con formación instrumental a oportunidade de continuar nesta faceta e desenvolver a práctica que xa coñeceran en estudos anteriores facendo musica en grupo.
O Espazo, que comezou cun grupo de corda e que agora amplía a súa formación con instrumentos de vento, aborda o mais variado repertorio clásico, traballando os aspectos máis básicos da musica de cámara e orquestral.