Concerto de Fábrica de Sons na Casa do Saber
Enmarcado no ciclo Músicas na Vidrieira 2011, a escola luguesa de música Fábrica de Sons ofrece este luns 30 un recital ás 12:00 horas na Casa do Saber. Fábrica de Sons creouse no curso 2007-2008 abrindo un novo espazo para a aprendizaxe da música moderna aínda que tamén clásica e folclore. Durante o seu período de estudos os alumnos participan activamente nas presentacións en vivo e noutras actividades, neste caso ofrecen o concerto os estudantes Raquel López López, Rodrigo Fernández Pérez, Pablo Fernández Cascudo Jose Mª Corredoira da Costa, José Mª Corredoira da Costa e Daniel Prieto Vietes.