Ir o contido principal

Un concerto de Kentokaki pecha o ciclo 'Lubicán' en Lugo

Un concerto do grupo lugués Kentokaki pechará, este xoves 17 ás 21:00 horas na Escola Universitario de Formación do Profesorado, o ciclo ‘Lubicán’ que organiza Lugo Cultural co fin de achegar ao público xeral as músicas máis independentes da man de grupos galegos.
No recital, os membros de Kentokaki, que se caracteriza por explorar a música klezmer, facilmente recoñecible polas súas melodías expresivas e con reminiscencias da voz humana, e por combinala con outros estilos, presentarán os temas que formarán parte do seu segundo traballo discográfico.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.12.2009.