Ir o contido principal

Concerto de Nadal do IV ciclo universitario

Alumnado da Escola Municipal de Música ofrece este martes 20 o concerto de Nadal que cada ano organiza o Programa Universitario de Maiores IV Ciclo e a Comisión Académica de Cultura da Facultade de Ciencias de Educación, cuxa sede do Campus Norte acollerá o concerto a partir das 19.00 horas.

Neste recital pedagóxico-didáctico interxeracional a bandiña, dirixida por Fernando Rey Iglesias interpretará as obras ‘Submarino amarelo’, ‘Xogo de tronos’, ‘Pocahontas’ e ‘Mary Popins’; mentres que a banda que dirixe Óscar Fernández Guzmán tocará os títulos ‘Alpine Fanfare’, ‘Academia Pagent’, ‘Heijamano’, ‘En Navidad’ e agunhas pezas de ‘A medieval suite’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.12.2016.