Ir o contido principal

Concerto de órgano de Miguel del Barco na Igrexa da Universidade

Foto Fuco Reyes
Foto Fuco Reyes
Conmemorando o 800 aniversario da fundación da Orde da Mercé, o recital será o xoves 22 ás 19.30 horas

Conmemorando o 800 aniversario da fundación da Orde da Mercé, o concertista e catedrático de Órgano do Real Conservatorio de Música de Madrid Miguel del Barco Gallego ofrecerá este xoves 22 un concerto de órgano na Igrexa da Universidade. No recital, ás 20.00 horas con entrada libre ata completar aforo, Miguel del Barco interpretará obras de autores do século XVI ao XVIII, así como algunha composición propia.

Director do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid durante 25 anos, o concertista Miguel del Barco actuou como solista en varios países de Europa e América e como colaborador das Orquestras Nacional de España, da Radiotelevisión española, da Sinfónica de Valencia, da Orquestra de Cámara Española e da Vila de Madrid.

É ademais compositor dun variado catálogo de obras corais e instrumentais, entre elas a música do himno oficial de Estremadura. Realizou gravacións nos órganos históricos máis importantes de España e para a radio e a televisión española, alemana e americana. O seu disco sobre o compositor español do XVII Sebastián Aguilera de Heredia obtivo en 1982 o Premio Nacional do Disco do Ministerio de Cultura

Foi vogal da sección de Ditames e Conflitos da Sociedad General de Autores de España, presidente da Asociación Española de Centros Superiores de Enseñanzas Artísticas e asesor da Sección de Música de Patrimonio Nacional. Está ademais en posesión de varias condecoracións, entre elas a Encomenda con placa de Alfonso X o Sabio, a I de importante de España concedida pola Asociación de Prensa, o Premio Cultura Viva e a Medalla da Comunidade Autónoma de Estremadura.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.11.2018.