Ir o contido principal

Novo concerto no Paraninfo da Asociación de Violonchelistas de Galicia Soncello

Novo concerto no Paraninfo da Asociación de Violonchelistas de Galicia Soncello
Novo concerto no Paraninfo da Asociación de Violonchelistas de Galicia Soncello

O alumnado e profesorado do primeiro curso de verán da Asociación de Violonchelistas de Galicia Soncello que tivo lugar en xullo en Ferrol ofrece este mes na USC un pequeno ciclo de concertos, todos con entrada libre.

Este venres 23 será o segundo do ciclo, dedicado ao cello barroco. Ás 20.30 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia), os profesores Fernando Santiago (violoncello barroco) e Isabel Figueroa (continuo) interpretarán un programa composto polo Canon a due violoncelli de D. Gabrielli; a Sonata IX, op. 3 en sol maior (1697) de G.M. Jacchini; a Sonata nº1 en re menor de D. Scarlatti; a Sonata en sol menor, RV 42 de Vivaldi; e a Sonata VI, op. 5 en la menor (1746) de F. Geminiani.

O ciclo rematará o día 30 co século XX como eixo cun concerto no que actuarán os violoncellistas Carolina Landriscini e Thomas Piel acompañados ao piano por Javier Vila.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.09.2016.