Concerto de Samudra Trío no Paraninfo da Universidade
A formación Samudra Trío ofrecerá este martes 2 de xullo un concerto de entrada libre a partir das 20.30 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) Yamini Teresa Prabhu Barretto ao piano, Jimena Andión García ao violonchelo e Laura Lorenzo Rodríguez á frauta ofrecerán un programa a modo de viaxe sonora a través das músicas de diversos países, que inclúe a Suite Peer Gynt de Edvard Grieg, o Danzón nº 2 de Paquito D’Rivera, o Andante espressivo do Trío en Sol Mayor de Claude Debussy, a Xota das Sete cancións populares de Manuel de Falla, Ne Poi, Krasavitsa de Sergei Rachmaninov, Escenas de Air Toru Takemitsu, Seis Danzas Folklóricas Rumanas de Béla Bartok, Nana das Sete cancións populares de Manuel de Falla, o Allegretto da Partita para cello solo de Adnan Saygun, Alnitah (As tres Marías) de Heitor Villa-Lobos, Escenas de L’Aube Enchantée sur le Raga “Todi” de Ravi Shankar, Trans de Samudra Trio e Primavera Porteña de Astor Piazzolla.
Samudra Trio é unha formación de recente creación afincada nas Rías Baixas cun interese común en amosar unha visión diferente do estereotipo de recital de cámara, procurando a maneira de achegarse a culturas distintas mediante a súa música. Nos antigos textos védicos emprégase a palabra Samudra para referirse ao océano como auga que une á terra. Do sánscrito sam (unión) e udra (auga), Samudra (समुद्र) significa “unión das augas”. Con esta mesma inspiración, a nova formación musical procura a unión de tres augas, tres timbres e tres intérpretes.