Ir o contido principal

Tres concertos porán fin a próxima semana ao ciclo 'Música na Compañía'

Tres concertos porán fin a próxima semana ao ciclo ‘Música na Compañía. Formacións de Cámara da Real Filharmonía de Galicia’ que se estivo a desenvolver desde o mes de outubro na Igrexa da Universidade e no Paraninfo. Os tres concertos serán na Igrexa ás 20:30 horas con entrada libre ata completar o aforo.
O luns 8 Beatriz López ao clarinete, Manuel Veiga no fagot, Alfredo Varela na trompa, Anca Smeu no violín e Carlos Méndez no contrabaixo interpretarán obras de Strauss e Hasenörhl. Na segunda parte sumaránselles Ioana Ciobotaru no viola e Thomas Piel no violoncello para tocar unha peza de Beethoven.
Xa o martes 9 o concerto contempla obras de Hertel, Telemann, Molter e Vivaldi da man de Christina Dominik e Esther Viúdez no óboe, Javier Simó e Ramón Llátser na trompeta, Manuel Veiga no fagot e Lorenzo de los Santos no baixo continuo.
O mércores 10 pecharase o ciclo cun concerto de trompa, violín, viola e violonchelo de pezas de Stamitz, Mengal e Mendelssohn.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.06.2009.