Ir o contido principal

O I Concurso de Comunicación Científica do IGFAE resólvese este xoves cun concurso de monólogos científicos

O I Concurso de Comunicación Científica do IGFAE resólvese este xoves cun concurso de monólogos científicos
O I Concurso de Comunicación Científica do IGFAE resólvese este xoves cun concurso de monólogos científicos
Nunha xornada ás 18.00 horas na Aula Magna da Facultade de Física, entregaranse tamén os premios das categorías de artigos e experimentos, demostracións ou aplicacións móbiles

O I Concurso de Comunicación Científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) celebrará este xoves 15 unha competición para elixir a persoa gañadora da competición de monólogos científicos. Será a partir das 18.15 horas na Aula Magna da Facultade de Física. Na mesma xornada entregaranse os premios das categorías de artigos e experimentos, demostracións ou aplicacións móbiles. Esta é unha das actividade incluídas no programa da I Semana da Ciencia do IGFAE que se está a desenvolver ata o venres 16.

Entre este mércores 14 e o venres 16 tamén se desenvolverase un ‘Curso de Comunicación Científica’ a cargo de Eduardo Sáenz de Cabezón e Héctor Urién cunha carga lectiva de 13 horas. Ademais destas actividades, persoal investigador do Instituto impartirá esta semana e en datas próximas conferencias en distintos centros de ensino secundario de toda Galicia para dar a coñecer a actividade que se desenvolve no IGFAE.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.11.2018.