Conduta animal, seguridade internacional e menopausa das candorcas, na NerdNite deste mércores

As NerdNites suman este mércores 7 un novo emprazamento para as súas sesións, a cafetaría Lasso do Auditorio de Galicia. Será nese espazo onde terá lugar a partir das 21.00 horas un novo encontro distendido coa ciencia.
Nesta ocasión participarán a especialista en conduta animal María Sabell Sierra coa charla ‘ Como atopou o can ao home?’; o director do Centro de Estudios de Seguridade (CESEG) e ex Valedor do Pobo, José Julio Fernández Rodríguez, con ‘Que facemos coa seguridade internacional? Nin arre nin xo’; e a bióloga da conservación, educadora para a prevención do VIH e produtora audiovisual Xiana Fernández-Albor Batallán coa cuestión ‘Por que as candorcas pasan pola menopausa?’.