Ir o contido principal

Unha conferencia de Andrés Boix en Dereito analizará as relacións entre administración e liberdade de expresión

A relación que establecen administración e liberdade de expresión é o tema arredor do que xirará unha xornada que impartirá a vindeira semana o profesor de Dereito Administrativo da Universidade de Valencia Andrés Boix Palop na Facultade de Dereito da USC.

A intervención de Andrés Boix Palop (@Andres_Boix), o luns 13 a partir das 18.00 horas no Salón de Graos do centro compostelán, leva por título ‘Prohibindo autobuses do odio, publicacións en Facebook ou comentarios contra as institución en Twitter’. Esta é unha actividade que promove a Rede de investigación en Igualdade, dereitos e Estado social Armela.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.03.2017.