Ir o contido principal

Conferencia de Carlos Pajares sobre 'a ciencia en Galicia', na Facultade de Física

Será no transcurso da inauguración do máster oficial en 'Física nuclear e de partículas e as súas aplicacións tecnolóxicas e médicas'

O catedrático Carlos Pajares Vales pronunciou este venres 9 na Aula Magna da Facultade de Física, unha conferencia sobre ‘a ciencia en Galicia’. A intervención, aberta ao público, desenvolveuse no transcurso do acto de inauguración do máster oficial en Física Nuclear e de Partículas e as súas Aplicacións Tecnolóxicas e Médicas. Esta sesión inaugural presidiuna o vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, Máximo Pló Casasús.

Orientado á especialización investigadora, este máster dá acceso á etapa de investigación do programa de doutoramento en Física Nuclear e de Partículas ao tempo que facilita a incoporación a postos de traballo altamente cualificados no ámbito académico así como na administración e en empresas do ámbito das TIC, as finanzas e a física médica.

O estudante poderá orientar a súa formación cara ás aplicacións tecnolóxicas máis importantes da Física Nuclear e de Partículas nos campos da radiomedicina e da industria en xeral. Ademais, proporciona fundamentos adecuados que facilitan o concurso a convocatorias oficiais de radiofísicos hospitalarios (RFIR), o acceso a programas de técnicos en grandes centros de investigación (CERN, GSI, FAIR, DESY...) ou a supervisor de instalacións radioactivas, entre outras.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.10.2009.