Ir o contido principal

Conferencia do catedrático da USC Carlos Villanueva sobre os instrumentos musicais do Pórtico da Gloria

O catedrático de Historia da Música da Universidade de Santiago, Carlos Villanueva, pronuncia este mércores 23 a conferencia ‘Os instrumentos musicais do Pórtico da Gloria’, unha actividade enmarcada no programa Tu Catedral te necesita co que colabora a USC. A intervención de Villanueva será ás 20.00 horas na sede da Fundación Catedral de Santiago (Casa do deán. Rúa do Vilar, 1). Concerto de Kalenda maya Á conferencia seguiralle o día 29 ás 21.30 horas na propia Catedral un concerto do recoñecido grupo noruegués Kalenda Maya especializado en repertorio medieval, que busca achegarse o máis posible ao ambiente da época que estudan e interpretan utilizando reproducións do prestixioso luthièr Sverre Jensen e seguindo modelos de esculturas e pinturas medievais. Kalenda Maya conta cunha ducia de gravacións no seu haber, con versións nas que non falta a aproximación a tons e aires populares, recibindo influencias de música popular e folk dos países que visitaron.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.10.2013.