Ir o contido principal

Conferencia no CEA de Marcelino Oreja Aguirre sobre o futuro de Europa

O presidente do Instituto de Estudos Europeos da Universidade CEU-San Pablo e presidente de honra da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas, Marcelino Oreja Aguirre, pronuncia este martes 20 no Centro de Estudos Avanzados da USC (CEA) a conferencia ‘Reflexións sobre o futuro de Europa’.

O relatorio, que dará comezo ás 12.00 horas, contará coa presenza do reitor Juan Vaiño; do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; do presidente do Grupo Compostela de Universidades, Marek Kreglewski; e do secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro.

Marcelino Oreja Aguirre ingresou na Carreira Diplomática en 1960 co número 1 da súa promoción e dende 1980 ten a categoría de embaixador de España. Ademais doutorouse en Dereito pola Universidade de Madrid con Premio Extraordinario. Foi ministro de Asuntos Exteriores (1976-1980), secretario xeral do Consello de Europa (1984-1989) e comisario europeo de Transportes e Enerxía (1994-1999).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.06.2017.