Ir o contido principal

Conferencia no CIQUS do profesor Tadeusz Gajda da Universidade Técnica de Lodz

O profesor Tadeusz Gajda, do Instituto de Química Orgánica da Universidade Técnica de Lodz (Polonia), ofrece este martes 6 unha conferencia no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) da USC. Baixo o título ‘New approaches to polyfunctional aminophosphonates’, o relatorio terá lugar ás 12:30 horas na Aula de Seminarios do centro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.03.2012.