Ir o contido principal

Conferencia en Económicas sobre o emprendemento innovador e a formación de máster

O socio fundador da empresa BluBusiness - Innovation and Business Development e antigo alumno da USC, Roberto Graña Escalante, pronunciará unha charla este martes 28 ás 18.00 horas na aula 25 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. No relatorio Graña porá en relación a súa experiencia como emprendedor e as capacidades e coñecementos que lle achegaron os estudos de especialización que cursou no Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación da USC. Roberto Graña conta con case vinte anos de experiencia en transferencia de coñecemento. Traballou tanto no sector público como privado, exercendo responsabilidades na xestión e coordinación de programas de emprendedores, así como no asesoramento de proxectos empresariais. A actividade de BluBusiness consiste no apoio a emprendedores innovadores, tanto do ámbito científico como empresarial, a definir o seu modelo de negocio, captar inversores e consolidar a súa compañía.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.04.2015.