Ir o contido principal

Conferencia en Económicas sobre a regulamentación ambiental da industria petrolífera

O profesor de Economía Aplicada da Universidade Federal da Bahia (Brasil) Ihering Guedes Alcoforado ofrece este mércores 24 ás 17.00 horas unha conferencia na aula 6 de Económicas sobre a regulamentación ambiental no caso da prospección e exploración de petróleo de augas profundas. Alcoforado está especializado principalmente nas áreas de política económica, ambiental e urbana, a partir da análise económica do dereito e en especial da economía do dereito de propiedade, economía dos contratos e economía da responsabilidade civil.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.04.2013.