Unha conferencia na EPS analiza a situación da agricultura en Guatemala
O profesor da Universidade de San Carlos de Guatemala Hugo Cardona Castillo analizará este mércores 22 a situación da agricultura en Guatemala, no transcurso dunha conferencia aberta ao público en xeral. Será ás 10:00 horas na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo. Logo da súa exposición, o profesor Cardona partirá cara a Santiago de Compostela, onde permanecerá dous días, como parte da visita que está a desenvolver á USC.
Esta visita de Cardona á USC, que se prolongará ata o día 28, está enmarcada dentro do programa de formación e innovación educativa para o desenvolvemento dun programa de doutoramento conxunto en agronomía entre a Universidade de San Carlos de Guatemala e a USC. A iniciativa conta co financiamento do Programa de Cooperación Interuniversitaria e Investigación Científica con Iberaomérica no que o profesor Cardona é investigador principal, xunto co vicerreitor de Política Internacional, Agustín Merino.