Ir o contido principal

A Conferencia Española de Decanos de Veterinaria celebra este luns e martes unha reunión de traballo no campus de Lugo

A Conferencia de Decanos de Veterinaria de España celebrará os vindeiros días 2 e 3 de febreiro unha xuntanza de traballo na Facultade de Veterinaria do campus de Lugo, onde os decanos/as das das facultades españolas abordarán cuestións e problemáticas relacionadas coa situación actual e futura das ensinanzas veterinarias.

A primeira das sesións de traballo programadas no marco desta reunión da Conferencia de Decanos de Veterinaria de España desenvolverase a partir das 16.30 horas na sala de xuntas da Facultade de Veterinaria de Lugo, o mesmo escenario que acollerá o martes 3 de febreiro outra xornada de traballo que se celebrará en quenda de mañá. Unha vez rematada a sesión de traballo da xornada inaugural, as persoas asistentes a esta cita da Conferencia de Decanos de Veterinaria de España serán obxecto dunha recepción institucional, ás 19.30 horas, na Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, onde logo tamén poderán completar unha visita á Domus do Mitreo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.01.2015.