Ir o contido principal

Conferencia en Historia sobre as exhumacións contemporáneas da Guerra Civil

O investigador do CSIC Francisco Ferrándiz intervirá este xoves 10 no ciclo ‘Pasados incómodos’ que organiza o Grupo Histagra cunha conferencia titulada ‘Autopsia social dun subterro: Exhumacións contemporáneas da Guerra Civil’.

Ferrándiz, que pronunciará o relatorio ás 12.00 horas na Aula 13 da Facultade de Xeografía e Historia, é doutor en Antropoloxía pola Universidade de California en Berkeley e científico titular do Instituto de Lingua, Literatura e Antropoloxía do CCHS (CSIC). E ademáis autor de El pasado bajo tierra: Exhumaciones contemporáneas de la Guerra Civil (2014).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.12.2015.