Ir o contido principal

Conferencia en Historia sobre as intervencións arqueolóxicas en San Cibrán de Las e no castro de Soutomaior

'A etapa final da cultura castrexa: intervencións en San Cibrán de Las e no castro de Soutomaior' é o título da conferencia que Yolanda Álvarez e Luis Francisco López, de Terra-Arqueos, S.L., pronunciarán este xoves 26 ás 11.30 horas na sala de profesorado da Facultade de Xeografía e Historia. O relatorio está organizado no marco do Máster Interuniversitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade da USC.

O ciclo proseguirá o vindeiro 2 de decembro coa conferencia 'Prospección arqueolóxica costeira e subacuática de Skiathos, Islas Espóradas' a cargo de David Fernández Abella e David Santos Hernández, de Argos Servizos de Actividades Subacuáticas.

A última conferencia terá lugar o 3 de decembro baixo o título 'Arqueoloxía en Asiria e Babilonia: reescribindo a historia' da man de Juan Luis Montero Fenollós, da Universidade da Coruña.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.11.2015.