Ir o contido principal

Conferencia en Medicina sobre a función p73 no proceso de diferenciación celular

A profesora Carmen Marín, da Universidade de León, impartirá este martes, día 13, na Facultade de Medicina a conferencia ‘Análise funcional de p73 no proceso de diferenciación celular’. A charla, que forma parte do programa de doutoramento de Medicina Molecular, terá lugar ás 12:30 horas na Aula 6 do centro.
Carmen Marín incorporouse á Universidade de León tras estar traballando no Instituto do Cancro Dana-Farber da Universidade de Harvard. As súas investigacións versan sobre a caracterización da función p73, un homólogo do xene supresor de tumores p53.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.02.2007.