Ir o contido principal

A Conferencia Nacional de Decanos de Facultades de Farmacia reúnese este martes na USC

A Conferencia Nacional de Decanos de Facultades de Farmacia reúnese este martes 22 no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. O vicerreitor de Profesorado, Ernesto González Seoane, presidirá o acto inaugural da xuntanza a partir das 11.00 horas na que participarán unha vintena de dezasete universidades de toda España.

Na orde do día da xuntanza figuran entre outras cuestións a situación actual da modificación dos planes de estudo nas distintas facultades, así como a posibilidade de adhesión ao ‘Consenso sobre plantas medicinais. Opción terapéutica validada’. Por parte da USC participarán o decano Francisco Otero Espinar e a vicedecana Reyes Laguna Francia, ademais da ex decana da facultade compostelá e vicepresidente desta conferencia Isabel Sández Macho.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.01.2019.