Conferencia no Paraninfo sobre a tilma de Juan Diego
O profesor de Historia da Arte e decano da Facultade de Xeografía e Historia, Juan Monterroso, pronunciará o luns 4 de maio unha conferencia sobre a tilma de Juan Diego a partir da que tentará explicar a devoción guadalupana a través do mecenado do arcebispo Monroy cando se cumpre o terceiro centenario da súa morte. Arredor do manto de Juan Diego coa aparición da imaxe da Virxe de Guadalupe do século XVI existen numerosos estudos e diversas interpretacións que o profesor Monterroso tentará dilucidar na conferencia que terá lugar ás 20:00 horas no Paraninfo da Universidade e que serve para contextualizar o concerto que o día 12 ofrecerá o Coro Universitario na Igrexa baixo o título ‘O culto á Virxe de Guadalupe’.