Ir o contido principal

Conferencia do profesor Juan Escudero Muñoz no Ateneo de Santiago sobre a educación no século XXI

Imaxe de arquivo do Juan Escudero
Imaxe de arquivo do Juan Escudero

O que fora primeiro catedrático da Área de Didáctica e Organización Escolar da USC, actualmente xubilado, Juan Escudero Muñoz, participa o vindeiro luns 14 no ciclo ‘O luns do Ateneo’ para impartir a conferencia ‘A educación no século XXI: vai de leis ou de profesores?’. A sesión celebrarase a partir das 20.00 horas (na rúa do Vilar, 19) organizada pola sección de Arte, Educación e Cultura do Ateneo de Santiago.

Juan Escudero chegou á USC no curso 1981-1982 procedente da Universidade de Valencia e obtendo a cátedra nese mesmo curso. No eido da investigación e da docencia convoca e articula un grupo de traballo arredor do tema do currículo e o seu desenvolvemento, consideraod pioneiro en España, e que sirve para que todos os que no futuro serán profesores da área –en todos os campus de Galicia-, fundamenten e sistematicen mellor o seu coñecemento sobre a mesma. A súa traxectoria foi recoñecida pola institución compostelá en 2014 cando o nomeou doutor honoris causa pola USC.

Dende 1975 ata a súa recente xubilación o pasado setembro acumula 43 anos como profesor nas universidades de Valencia, Santiago de Compostela e Murcia).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.01.2019.