Ir o contido principal

Un congreso aborda os ’50 anos de Economía en Galicia’

Celebrarase os próximos días 12 e 13 en Ciencias Económicas e Empresariais
Celebrarase os próximos días 12 e 13 en Ciencias Económicas e Empresariais
Celebrarase os días 12 e 13 na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

’50 anos de Economía en Galicia’ é o lema do congreso que os vindeiros días 12 e 13 se desenvolverá na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais dentro dos actos que organiza o centro con motivo do aniversario destes estudos. As persoas interesadas aínda poden formalizar a súa inscrición no encontro a través da web.

Na primeira das xornadas previstas, o programa trata cuestións sobre a nova organización empresarial; os cambios no sector industrial; evolución, situación actual e futuro da formación universitaria; a importancia do sector pesqueiro; recursos enerxéticos e mineiros; ou sobre os principais indicadores económicos de Galicia, entre outros temas. Ao día seguinte, haberá sesións sobre o mercado de traballo; cambios no sector agrario e forestal; o turismo como fonte de riqueza; os cambios no sector financeiro; evolución e control do gasto público; e Galicia en España e na UE.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.04.2018.