Ir o contido principal

O congreso internacional ‘NOSoutros: Arte, Comunicación e Integración Social’ trata a integración na cultura de persoas con necesidades especiais

O proxecto campUSCculturae organiza a vindeira semana o congreso internacional ‘NOSoutros: Arte, Comunicación e Integración Social’, unha iniciativa de integración na cultura de persoas con necesidades especiais coa que o proxecto se suma á conmemoración o vindeiro 3 de decembro do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. A matrícula, coa posibilidade de presentación de comunicación, é gratuíta e dá dereito á consecución dunha certificación con recoñecemento europeo. Cubriranse as prazas por rigorosa orde de inscrición no enderezo electrónico campusculturae [at] usc.es (campusculturae[at]usc[dot]es) O Congreso pretende achegar e promover iniciativas pedagóxicas e didácticas que contribúan a desenvolver e incrementar o nivel de calidade de vida das persoas e colectivos en situación en situación ou risco de exclusión social a través de iniciativas dentro do campo da cultura e da actividade artística. Cunha duración de 30 horas, o programa tamén inclúe catro obradoiros sobre ‘O teatro rehabilitador’, ‘Implicación dos profesionais na rehabilitación psicosocial’, ‘Literatura integradora: recursos e estratexias para cambiar o paradigma’ e ‘Proxecto infancia’. Outra actividade incluída na programación deste encontro, ademais dunha serie de representacións teatrais, será ‘Itinerancia_Con-sentida’, como sinalan os seus organizadores, unha iniciativa coa que experimentar e intervir no espazo público en busca de novas relacións dos corpos co espazo e a cidade conformando unha serie de mapas subxectivos. Búscase “reapropiarse do espazo público como orde imposta que regula os nosos corpos, vivencias, desprazamento e relacións”. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden consultar a páxina web do proxecto campUSCculturae, o seu perfil de facebook ou o programa do encontro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.11.2012.