Ir o contido principal

Conmemoración do Ano Internacional da Luz cunha conferencia da profesora Elena López Lago

‘Tecnoloxías da luz: logros e retos na era do fotón’ é o título do relatorio que patrocina Red Eléctrica de España

A profesora da Facultade de Física da USC Elena López Lago ofrece este xoves 8 a conferencia ‘ Tecnoloxías da luz: logros e retos na era do fotón’ que patrocina Red Eléctrica de España con motivo do Ano Internacional da Luz. Será ás 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.

O acto contará coa presenza, entre outros, do reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño; do decano da Facultade de Física e director do Máster en Enerxías Renovables, Luis Miguel Varela; e do delegado rexional de Red Eléctrica en Galicia, Carlos González Patiño.

Elena López Lago é autora de medio centenar de publicacións científicas, así como de outras tantas achegas a congresos e participou en catorce proxectos de investigación, un deles europeo, e en tres redes temáticas. Ao longo da súa traxectoria investigadora colaborou con numerosas universidades e institucións de investigación españolas así como francesas, finlandesas, polacas e italianas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.10.2015.