Conmemoración oficial na USC do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
A Universidade de Santiago conmemorará oficialmente o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres o vindeiro luns 27 nun acto que presidirá a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez Pérez.
Na cerimonia, ás 12.30 horas no Salón de Graos do Colexio San Xerome, farase entrega dos galardóns ás persoas gañadoras de diversos premios que a Universidade de Santiago convoca coa temática de xénero. Así, o luns entregaranse os do V Certame de fotografía Ruth Matilda Anderson, da VIII Edición dos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero e do IV Concurso de Lemas contra a Violencia de Xénero.
Como remate, a directora do Instituto de Ciencias da Educación da USC, Ana María Porto Castro, dará lectura á declaración institucional de rexeitamento á violencia de Xénero .