Ir o contido principal

A Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible asina un convenio coa USC para colaborar na posta en marcha da Estación Científica do Courel

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, e o conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez, asinarán este martes, día 28, un convenio de colaboración para a construción e posta en marcha das capacidades da Estación Científica do Courel. O acto de sinatura terá lugar ás 11:30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.
A USC é a única institución que conta cunha ‘Rede de Estacións de Bioloxía’ dependente da Vicerreitoría de Investigación e Innovación, na que se pretende integrar a do Courel, que servirá para o desenvolvemento de actuacións no eido da conservación do desenvolvemento sostible.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.10.2008.