Ir o contido principal

A Consellaría de Política Social asina o acordo para financiar o IV Ciclo da USC

A Consellaría de Política Social asina o acordo para financiar o IV Ciclo da USC
A Consellaría de Política Social asina o acordo para financiar o IV Ciclo da USC

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, asinaron esta mañá o convenio polo que a Consellaría fai unha achega económica de máis de 27.000 euros para financiar o IV Ciclo Universitario da USC.

A de Santiago foi das primeiras universidades en España en incluír este programa formativo para maiores de 50 anos, que hoxe dirixe Esther Olveira e que está presente nos Campus de Santiago e Lugo. Así, dende 1997 pasaron polas aulas da USC máis de 1.000 alumnos e alumnas interesados en ampliar os seus coñecementos e formar parte dunha comunidade universitaria á que por razóns varias non puideron acceder na súa xuventude.

Tanto a universidade como a consellaría coinciden na importancia de que as persoas maiores poidan compartir coa sociedade as súas experiencias e á vez acadar novos coñecementos. Por iso faise necesario crear e potenciar actividades educativas como esta.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.09.2017.