Ir o contido principal

A conselleira de Educación de Andalucía participa o luns no Foro Casa de Europa de Investigadoras e Tecnólogas

O Seminario Mulleres e Universidade (SMU) da USC convidou á conselleira de Educación da Junta de Andalucía, Cándida Martínez López, a participar este luns, día 23, no Foro Casa de Europa de Investigadoras e Tecnólogas. Nesta sesión de debate a titular andaluza de educación falará, a partir das 17:00 horas na Casa de Europa, sobre estereotipos educacionais e perfil profesional.
O SMU, un grupo de observación e estudo formado por profesoras da Universidade de Santiago, vén traballando dende a súa creación hai cinco anos na visibilización das mulleres en todos os campos da Ciencia e a Tecnoloxía.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.04.2007.