Ir o contido principal

O Consello de Goberno aproba a creación de catro prazas e convoca concursos doutras dez

O Consello de Goberno aprobou este luns, tal e como se decidira o pasado mes de outubro, a creación de catro prazas de profesor titular de Universidade, tres delas vinculadas á estabilización e promoción de investigadores con axuda Starting Grant e unha para a área de Música do Departamento de Historia da Arte correspondente á convocatoria anulada en 2012. Por outra banda, acordouse convocar os concursos para a cobertura interina das prazas de contratado doutor creadas para dar estabilidade aos investigadores Parga Pondal e Ramón y Cajal. En concreto, convócanse 2 concursos para Parga Pondal da convocatoria de 2007 e 4 para a de 2008 así como catro máis para os Ramón y Cajal de 2008. Ademais, deuse o visto bo á convocatoria e normas reguladoras da edición da Universidade de Verán para 2014.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.11.2013.