O Consello de Goberno aprobou o calendario académico do curso 2018-2019

O curso académico 2018-2019 abarcara dende o 1 de setembro de 2018 ao 31 de agosto de 2019, segundo a proposta de calendario académico que o Consello de Goberno da USC aprobou na xuntanza celebrada este luns. A impartición de docencia organizarase en dous períodos académicos: do 10 de setembro ao 14 de decembro, pudendo no caso dos másteres oficiais retrasar o comezo ata o 24 de setembro, e do 29 de xaneiro de 2019 ao 14 de maio do mesmo ano. Do mesmo xeito, o período de apertura de actas para o primeiro período estenderase do 17 de decembro ao 31 de xaneiro seguinte e do 15 de maio ao 17 de xuño no segundo.
Cada centro, en función das súas características e circunstancias, fixará o período de exames de cada oportunidade dentro do período de apertura das actas, debéndose respectar en todo caso o prazo de revisión das cualificacións provisionais. Consonte a Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado as datas de revisión deberán estar comprendidas dentro dos dez días seguintes á publicación de resultados e o prazo para a revisión das cualificacións provisionais non poderá ser inferior a tres días hábiles dende o seguinte ao da publicación da lista.
A actividade académica interromperase dende o sábado 22 de decembro ata o 7 de xaneiro de 2019, ambos os dous incluídos; o luns 4 e o martes 5 de marzo de 2019, coincidindo co Entroido; e en Semana Santa, dende o 15 ao 19 de abril de 2019. Tamén terá carácter festivo e non lectivo o luns 28 de xaneiro de 2019 dia da festividade de Santo Tomé de Aquino.
Outros asuntos
O Consello de Goberno tamén tratou a composición, funcións e normas de funcionamento ordinario da Mesa de contratación para adaptala á Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público ou a renovación das comisións delegadas do Consello de Goberno, entre outros asuntos.