O Consello de Goberno trata este mércores o calendario para o curso académico 2011-2012
O Consello de Goberno da USC reúnese este mércores, 23 de marzo, a partir das 9:30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome para abordar, entre outros, o calendario académico para o curso 2011-2012. Na xuntanza tamén se tratará o regulamento de acceso á Universidade de Santiago de maiores de 40 anos que acrediten experiencia profesional o laboral e non posúan titulación habilitante. Así mesmo, analizarase a integración da Facultade de Ciencias da Comunicación na Asociación de Universidades con Estudos de Comunicación e a transformación da Escola Universitaria de Óptica e Optomotería en facultade. O Consello de Goberno examinará tamén os cursos de posgrao propio e a prórroga investigador Ad Honorem a Emilio Rolán Mosquera, do Museo de Historia Natural da USC. A orde do día complétase cos informes de institutos de investigación, memoria de grao PEMES, modificación e regulamento de másteres, designación dun membro do comité de Avalación Docente da área de Ciencias Experimentais e o nomeamento do director do departamento de Lingua Española.